VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) A Deputación Provincial de Pontevedra organizará entre o 15 e o 19 de xuño o Simposio Nacional de Vías e Obras da Administración Local no edificio do Arquivo Provincial en Pontevedra.
- Asistirán a este congreso presidentes de comunidades autónomas ou as persoas en quen deleguen. Así, por exemplo, participarán responsables de infraestruturas da Deputación de Alacante, Toledo, Málaga, Barcelona, Guadalaxara, Andalucía, Aragón, Castela e León e Valencia, entre outros.
Tamén participarán enxeñeiros de camiños, responsables de vías e obras, e membros da Asociación Nacional de Carreteras.
Neste encontro abordaranse temas de xestión, financiamento, viabilidade intermedia, plans de mobilidade, bandas transversais de alerta, ralentizadores, innovacións de redes e firmes, sinalización, accidentabilidade, seguridade vial, e outras cuestións relevantes.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, opina que este congreso é unha medida que permitirá reactivar o turismo ó debaterse cuestións claves sobre as infraestruturas e as comunicacións.