02 mayo 2009

Conselleiro Hernández ya está harto de PSOE y BNG y les invita a ir al juzgado en vez de estar vendiendo humo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acusou hoxe a PSOE e BNG de estar máis preocupados por furgar no pasado e inventar presuntos escándalos que en atender aos temas que realmente preocupan aos galegos. Instou a ambos partidos a acudir aos tribunais se entenden que existe algún tipo de ilegalidade, e amosouse convencido de que se aínda non o teñen feito é “porque o único que están a vender é fume”.

Explicou que a súa prioridade nestes momentos está centrada “en incorporar o mellor equipo nesta consellería para desenvolver os grandes proxectos que temos en marcha. Non perdo nin un minuto en pensar no meu pasado, porque non teño nada que ocultar e porque teño a plena seguridade de que sempre actuei conforme á lei”.

Afirmou que no tempo en que foi director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra non certificou ningunha obra, xa que non entraba dentro das súas funcións, “e polo tanto non certifiquei ningunha actuación en Salvaterra de Miño”. Defendeu, sen embargo, que a certificación dunha infraestrutura contra a presentación dun aval por parte da empresa construtora é unha práctica habitual en todas as administracións, porque se trata dun procedemento totalmente legal que, entre outras cousas, permite que non se perdan subvencións, como é o caso da obra en cuestión”.

“Resulta sorprendente que un deputado provincial do BNG, que foi elixido para defender os intereses da súa comarca, prefira que se perda o diñeiro e non se faga unha infraestrutura que beneficiará a todos os veciños, cando resulta que existe un mecanismo para evitar iso, como é a presentación do aval”.

SOGAMA
Respecto á auditoría a Sogama, sinalou que existen nestes momentos accións xudiciais e graves denuncias abertas contra a xestión do vertedoiro, “e queremos coñecer cal é a situación de partida coa que se atopou o actual Goberno da Xunta para tomar as decisións pertinentes”.