04 mayo 2009

Deputación echará una mano en obras que solicita el alcalde de Tui

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo no Pazo Provincial unha xuntanza co alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, para tratar asuntos concernentes a varias obras que se queren acometer no concello do Baixo Miño.
En primeiro lugar, Louzán comprometeuse a levar a cabo o proxecto da segunda fase de mellora da seguridade viaria na estrada da Magdalena, en Ribadelouro, de que ten un valor aproximado de 400.000 euros. O ente provincial aportará o 70% do total e o concello achegará o 30% restante.
Ademais, Rocha expúxolle a Louzán unha serie de inquedanzas sobre obras que pretende levar a cabo en Tui, “falamos de vías importantes, unha delas é a antiga N-550, que hai un tempo pasou a ser de titularidade municipal, e que está a precisar dun arranxo urxente, unha capa de rodadura, así coma colectores para pluviais, tendo en conta que fai o dobre servizo de pluviais e fecais, e tamén aproximadamente 200 metros de beirarrúa para que os peóns poidan camiñar con seguridade, e, por outra parte, na parroquia de Malvas tamén é precisa unha actuación importante, que fai que as dúas actuacións se eleve a máis de 700.000 euros”.
Tamén se valorou a posibilidade de implantar un novo campo de herba sintética en Caldelas de Tui e seguir coas humanización. Neste senso, Louzán explicou que “aínda faltan campos por adxudicar, pero este campo vaise construír, non sabemos se será a través do plan da Deputación ou ben a través da Secretaría Xeral para o Deporte da propia Xunta, pero estamos en condicións de asegurar que Tui, que xa ten dous campos de herba sintética da Deputación, poderá contar dentro de pouco cun terceiro”.