VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe abonarlle unha cantidade de 9.863 euros a cinco entidades “Amigos do vento e do mar”, “Asociación de Veciños Boureante”, “Asociación Remadoira”, “Asociación Sodináutica”, e “Asociación Cultural Alén Nos”. Esta colaboración está enmarcada nun programa de axudas que a institución provincial destina ás embarcacións tradicionais, así como á difusión do medio mariño.
Máis polo miúdo, a Asociación de Amigos do Vento e do mar recibiu unha colaboración para adquirir material de seguridade par o galeón Benignito; Boureante para realizar melloras no casco e na seguridade do galeón “Luisa”; Remadoira para material de promoción do turismo náutico da provincia; Sodináutica para recuperar un galeón; e finalmente, Alén Nos para a edición do libro “Achegamento ó patrimonio marítimo de San Simón”