02 mayo 2009

El Bloque no cree que la Xunta del PP vaya a construir 204 centros de día

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do g.p do BNG e responsábel da área de Servizos Sociais, Carlos Aymerich, quer saber como se vai efectivizar un dos compromisos asumidos polo presidente da Xunta no debate de investidura, segundo o cal nesta lexislatura Galiza vai contar con 204 novos centros de día nos concellos con poboación superior aos 1500 habitantes.
- Aymerich, que rexistrou unha iniciativa parlamentar ao respeito, amósase sorprendido da “ambición” desta medida, xa que en 16 anos de goberno do Partido Popular non se construiu nin un só centro destas características fronte aos 57 promovidos polo goberno bipartito entre 2005-2009.

O deputado nacionalista chama a atención no feito de que, de manter o seu compromiso, ao actual goberno “lle queda un intenso traballo para o que xa pode contar co apoio do BNG”.

O parlamentar pregunta, en consecuencia, de que xeito prevé cumprir o goberno o compromiso asumido por Núñez Feijóo, en que concellos se van construir os primeiros centros de día, que servizos e número de prazas vai ofrecer e cal vai ser a súa dotación de persoal.