22 mayo 2009

El evangelio lingüístico de Feijóo comienza a ser predicado por sus apóstoles

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Xunta modificará o artigo 35 da Lei da Función Pública co obxectivo de que a Administración autonómica poida garantir os dereitos constitucionais e lingüísticos dos cidadáns e para que nas oposicións se poida elexir entre o galego, como lingua propia da comunidade, e o castelán, como lingua cooficial en Galicia.

Así o transmitiu hoxe o director xeral da Función Pública, José María Barreiro, a representantes dos sindicatos UGT, CC.OO., CIG e CSIF, cos que se reuniu na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos e aos que lles lembrou que esta modificación legal é un compromiso do novo Goberno, que busca fomentar a liberdade de elección do opositor.

José María Barreiro explicou que o fin último é que os aspirantes a funcionarios “poidan elexir a lingua na que queren ser examinados” e asegurou que a Xunta apostará por “potenciar” que todos os funcionarios coñezan e sexan competentes en galego. Así, as bases de cada convocatoria de probas selectivas establecerán o carácter e a valoración desta proba en lingua galega.

Ademais, a Administración autonómica comprométese a fomentar o emprego da lingua galega coa realización de cursos de formación e coñecemento do galego para todos os funcionarios.

A intención é que para as probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración na Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais, se inclúa un exame de galego, agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente.

José María Barreiro reiterou aos sindicatos a súa oferta de diálogo para consensuar esta modificación legal e anunciou que o vindeiro luns retomará os contactos coas centrais neste sentido. Ademais, precisou que todos os sindicatos foron escoitados antes de que dese por rematada a reunión e aclarou que esta mesa foi convocada en tempo e forma, o pasado martes, por tanto cun prazo mínimo de 48 horas tal e como marca a lei.