21 mayo 2009

El nuevo líder del Bloque arremete también contra la política de superdelegados de la Xunta

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez denunciou hoxe que a estructura de superdelegacións posta en marcha por Núñez Feijóo “pretende converter a administración pública en parte da maquinaria eleitoral do PP”.

Vázquez advertiu esta mañá nunha rolda de prensa celebrada en Santiago de Compostela de que “a reforma da estrutura periférica da Xunta posta en marcha polo secretario xeral do PP e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, nin lle vai saír máis barata aos galegos, nin vai achegar a administración aos cidadáns nin vai mellorar o servizo”.

Pola contra denunciou que o que “pretende o PP coas superdelegacións da Xunta é poñer a administración pública ao servizo dos seus intereses eleitoralistas do PP e, de paso, controlar os seus baróns provinciais”.

“Proba disto –engadiu- é que, fronte á falla de ideoloxía é a tecnocracia que pretende vender Feijóo cos seus nomeamentos, os superdelegados son claramente de perfil político, dirixentes do PP, algúns mesmo condenados pola Audiencia Nacional, como o superdelegado de Ourense”.

“A superdelegación de Vigo ten un único obxectivo: conquistar a alcaldía da cidade”

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG puxo como exemplo a superdelegación de Vigo. “E evidente –subliñou- que o PP utilízaa
para conquistar a alcaldía de Vigo, facendo pinza con Corina Porro dende o Porto de Vigo, e non para achegar a administración aos cidadáns e mellorar os servizos”.

Consello da Xunta en Pontevedra

Por último, Guillerme Vázquez asegurou que o desprazamento do Consello da Xunta hoxe a Pontevedra, “un exemplo da política de austeridade do PP, obedece claramente a unha cuestión política, para de paso aplacar o motín de baróns locais do PP como Telmo Martín, Rafael Louzán ou Cores Tourís”.