07 mayo 2009

Feijóo felicita a Patxi López

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe en nome de todo o Goberno galego a súa sincera e cordial felicitación ao novo lehendakari do País Vasco, Patxi López, e desexoulle sorte na súa tarefa de consolidar unha Euskadi plural e democrática ao servizo dos cidadáns e do conxunto de España.


Durante unha conversa telefónica co novo lehendakari, Feijóo desexoulle todos os éxitos na nova etapa que se inicia no País Vasco e que está “chea de desafíos”. Ambos dirixentes acordaron manter un encontro proximamente en Galicia ou no País Vasco para poder abordar aspectos concretos de cooperación entre as dúas comunidades autónomas.


O presidente galego púxose a disposición de Patxi López tanto a nivel persoal como institucional co fin de establecer as canles de comunicación axeitadas para manter unha comunicación fluída e de confianza entre Galicia e o País Vasco.