02 mayo 2009

Gripe Porcina : tercer supuesto caso en Galiza, esta vez en A Coruña

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .Os medios de vixilancia da nova gripe postos en marcha pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia permitiron identificar un novo caso sospeitoso de afección por este cadro gripal na nosa comunidade.
O caso corresponde a un varón, residente na provincia da Coruña, e que esta semana regresou dunha viaxe a México. Despois de ter sido atendido no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña decidiuse o seu ingreso nunha habitación de illamento para o seu tratamento e vixilancia da súa evolución.
A súa situación clínica non reviste gravidade e está a ser xa tratado atendendo aos protocolos de actuación da OMS e o Ministerio de Sanidade e Política Social.