23 mayo 2009

Las Europeas que vienen...



















________________________________________

La hija de Fraga, en campaña...

REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .- A eurodeputada e membro da Comisión de Pesca Carmen Fraga acudiu, na tarde de onte, a unha reunión do sector do mar organizada polo Partido Popular de Redondela. Á xuntaza, que tivo lugar en Cesantes, asistiron decenas de mariñeiros e mariscadores representados, respectivamente, por Clemente Bastos, patrón maior, e Mª Carmen Freitas, presidenta das mariscadoras, co obxectivo de transmitirlle a Fraga as súas inquedanzas e preocupacións, como é “a limitación do peso das embarcacións na baixura artesanal”, sinalaba Bastos, un problema que a eurodeputada cualificaba de “importante, que afecta a moitas outras persoas” pero, non obstante, o seu argumento de defensa residía “nun problema de seguridade dentro da flota”. Outra das cuestións tratadas foron os controis de productos estranxeiros, neste senso Fraga sostiña que “existe normativa suficiente, a pega é o control desas leis; as importacións de terceiros países non se poden prohibir pero deben cumprir a normativa europea, do contrario estaríamos ante unha situación de competencia desleal”, apuntaba.
Carmen Fraga reiterou a súa disposición para estudiar e debater, “sempre que vostedes queiran”, temas de pesca, materia á que se leva dedicando nos últimos 20 anos, o que lle aporta unha avalada experiencia. Non obstante, tamén remarcou a importancia de “facer chegar todas estas peticións, de participar activamente e darse voz a través dos diferentes órganos que se están a crear no sector”. Na mesma liña expresouse Francisca Canal, presidenta do PP local, arroupada no acto por todos os seus compañeiros de partido, “dispostos sempre a axudar no que precise este sector do noso municipio, ás veces esquecido polas administracións, como sucede coa situación de deterioro absoluto do pantalán de Cesantes”.

Reforma da Política Pesqueira
Fraga, que estará durante o período de campaña electoral recorrendo a comunidade galega, explicaba que coa aprobación a comezos de ano do Tratado de Lisboa a Comisión de Pesca adquirirá maiores competencias “podendo colexislar co Consello de Ministros, tomando as decisións conxuntamente, deixando de ser un órgano simplemente consultivo”. Un feito que a eurodeputada cualificaba como “un aliciente para todos vós e para os que traballamos co sector”.
Xa como candidata ao Parlamento Europeo, Fraga salientou que o Partido Popular presenta un programa detallado no que se formulan solucións á Política Pesqueira Común, “melloras que, evidentemente, poden ser optimizadas por todos vós”, remarca. “Agora comeza unha etapa de reforma, que finalizará en 2012, e que nós faremos que sexa beneficiosa para o sector pesqueiro español e galego”, conclúe.