07 mayo 2009

A las seis y media de la tarde de este viernes, el pulpo entra en veda hasta el 7 de julio

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Ás seis e media da tarde cesarán mañá as capturas de polbo nas rías galegas, atendendo á normativa que regula o Plan de recuperación do polbo. Durante a xornada de mañá as capturas por embarcación poderán chegar aos 40 quilos e outros 40 máis por tripulante debidamente enrolado a bordo. O peso por peza non será inferior a un quilo.

Durante o período de veda tamén queda prohibida a extracción de polbo aínda que se trate de actividades recreativas.

A veda finalizará ás 6.00 horas do día 7 de xullo, coincidindo co horario de inicio da xoranada establecida na normativa.

A Consellería do Mar remitiu a comunicación do cesamento da actividade de extracción de polbo a todas as confrarías, ao servizo de Gardacostas e ás distintas delegacións territoriais.