07 mayo 2009

Ponteareas . el BNg expectante tras el nombramiento de Nava Castro como Directora Xeral de Comercio

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .Co nomeamento de Nava Castro como Directora Xeral de comercio, o BNG de Ponteareas considera que unha vez maís, "o Partido Popular volve a utilizar as Institucións, neste caso a Xunta de Galiza, para satisfacer os seus intereses, antes que o interés xeral dos veciños. Do mismo xeito que no seu día fixeron un pacto a nivel municipal, para conservar o poder a calquer prezo, e repartilo entre as dúas familias do PP, co único obxectivo de impedir un goberno e un alcalde do BNG, agora volven a utilizar os cargos públicos do Goberno Galego para satisfacer os seus intereses personais e de partido".

Os nacionalistas, esperan que Nava Castro, dende a sua nova responsabilidade como Directora Xeral de Comercio, siga apostando polo pequeno comercio como fixo o BNG nesta área nos últimos 4 anos. O BNG tamén espera que a presencia de Nava Castro na Xunta de Galiza, sirva para garantir a execucións os proxectos posto en marcha e comprometidos con Ponteareas polo anterior Goberno Galego.

Os nacionalistas esperaran a valorar os cambios que sufra o goberno municipal pola renuncia de Nava Castro, solicitando do PP unha maior responsabilidade, nos dous anos que lle restan de goberno en Ponteareas, evitando que as divisións entre as “familias” do PP sigan dañando aos intereses dos ponteareas.