07 mayo 2009

Los sindicatos agrarios aprietan y será Feijóo quien trate con ellos el lunes

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase o vindeiro luns cos sindicatos agrarios co obxecto de analizar os principais problemas que está a atravesar o sector lácteo e abordar as súas principais reivindicacións. Trátase da primeira xuntanza que os sindicatos manteñen co titular do Goberno galego, logo de que a pasada semana se reunisen xa co conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez.

Nesta xuntanza abordarase a decisión, coñecida hoxe, do Grupo Leche Pascual de presentar un expediente de regulación de emprego que afectará á súa planta de Outeiro de Rei e tamén á de Burgos. A este respecto, o Goberno galego considera que se trata dunha consecuencia máis dos cambios acaecidos no mercado e da propia crise na que está inmersa o sector lácteo.

O Executivo galego, a través da Consellería de Traballo e Benestar, elaborará un informe para analizar este expediente de regulación de emprego que presenta a empresa Pascual.