04 mayo 2009

Lucía Molares ya es Delegada de la Xunta en Vigo y 13 municipios más

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Xa é Delegada da Xunta en Vigo. Ate hai uns días era concelleira, agora estará ás ordes dos conselleiros e mais especialmente de Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia.
Lucía Molares xa tomou posesión do seu novo cargo como delegada da Xunta para Vigo. A toma do cargo dos cinco novos delegados, os catro provinciais e a de Vigo, celebrouse esta mañá en Santiago.

A ata agora concelleira do PP no Concello vigués asume as funcións que ata agora realizaban cada un dos delegados provinciais das consellerías da Xunta para Pontevedra. Por baixo dela haberá un funcionario xefe de cada unha das dez consellerías. O seu ámbeto de actuación serán os catorce concellos que forman o Área Metropolitana que impulsará o PP, que propuxeron no seu día os veciños e que apoiou o BNG. Trátase de Vigo e trece concellos máis: Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Cangas e Moaña. Calquera cidadán ou entidade dalgún deses municipios realizará os trámites¡ administrativos relacionados co Goberno autónomo na sede viguesa da Xunta na rúa Montero Ríos.