VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de nove accidentes de tráfico e outras 189 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 189 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 413 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 10:31 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de NOIA, na rúa Carcacia. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e o médico de atención primaria, que logo dunha primeira asistencia, trasladou a unha muller de 21 anos, V.I.V., policontusionada, ao Complexo Hospitalario Universitario Clínico de Santiago.
-Ás 10:53 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de VIGO, no peirao de reparacións de Bouzas. Para atender a vítima que caera dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira asistencia, trasladou a un varón de 49 anos, A.M.C.C., politraumatizado, a un centro privado da cidade de Vigo.
-Ás 11:06 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de FERROL, no cabo Prioriño. Para atender a vítima que caera dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira asistencia, trasladou a un varón de 45 anos, A.J.B.B., cun traumatismo na cadeira, ao Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.