MOS (MORRAZO-tribuna) .A Alcaldesa visitou as obras no barrio da parroquia de Mos, xunto cos edís de Saneamento e Vías e Obras; e anunciou que haberá unha segunda fase para esta zona
- A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañán as obras de acometida da rede de alcantarillado en Espaín, parroquia de Mos, acompañada dos concelleiros de Saneamento e Abastecemento, Ángel Pereira Carrera, e de Vías e Obras, José María Pereira Eiró.
A que se está a levar a cabo estes días é a primeira fase da acometida do saneamento neste barrio e, segundo lles trasladou Arévalo a varios veciños esta mañán, “estamos estudiando xa a segunda fase, que abarcaría a parte alta de Espaín, onde quedan unhas oito casas que non se beneficiarían desta primeira fase de alcantarillado; se ben a segunda fase non se poderá realizar inmediatamente despois da que agora se está a acometer, debido a problemas técnicos derivados das alturas dos enganches de conexión á rede”, aclarou a Alcaldesa.
O orzamento destinado á primeira parte da instalación do sistema de alcantarillado neste barrio ascende a 50.000 euros, procedentes dun préstamo bancario que foi desafectado polo goberno municipal encabezado por Nidia Arévalo e que levaba bloqueado, sen utilizar, dende o ano 2005. A rexedora local declarou durante a súa visita matinal a Espaín que “gracias ó desbloqueo e cambio de afectación do préstamo xa se está a acometer unha parte importante do alcantarillado necesario en Mos”. E é que en 5 meses de goberno o equipo municipal logrou iniciar a metade das obras de saneamento programadas nas que se levan invertido xa 300.000 euros, dos cales 50.000 son os correspondentes ó alcantarillado que agora se está a acometer en Espaín. Ademais de dita rede, neste momento estase a instalar saneamento en Pedrapinta e en tres barrios da parroquia de Cela.
Arévalo adiantou tamén que “dende o equipo de goberno queremos que antes do verán estean iniciadas tódalas obras de saneamento que temos previstas”, e anunciou que “en breve comenzaremos coa acometida do sistema de abastecemento de auga potable no barrio do Monte, unha das zonas urbanas da parroquia de Sanguiñeda”. “Ó longo de todo o ano iremos cumplindo coas necesidades básicas do municipio: alcantarillado e traída de auga, tal e coma sempre prometemos”, explicou a Alcaldesa mosense a modo de conclusión.