07 mayo 2009

Os deficientes arranxos dos muíños de Pereiras foron realizados pola empresa dun presunto estafador", afima a alcaldesa de Mos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- El Gabinete de Prensa de la Alcaldesa de Mos, emitió hoy una grave nota acusatoria, del tenor de lo que a continuación podrán leer textualmente. La periodista Gala Fernández hizo la siguiente entre de parte de Nídia Arévalo :
"Os deficientes arranxos dos muíños de Pereiras foron realizados pola empresa dun presunto estafador
Fausto Alén presentouse como candidato socialista á alcaldía de San Amaro, en 2007
Segundo a información publicada polo diario La Voz de Galicia o día 28 de agosto de 2008, un dos donos da empresa Orsating S.L., á que o anterior equipo de goberno municipal de Mos lle adxudicou a remodelación dos seis muíños da Salgueira, en Pereiras, foi detido nesas datas como presunto autor dunha estafa na Coruña. O acusado era ademais naquel entón, tal e como se explicaba no citado periódico, voceiro do PSOE en San Amaro (provincia de Ourense), concello no que se presentou coma candidato á alcaldía nas derradeiras eleccións municipais de 2007.

O presunto estafador chámase Fausto Alén Quiroga e a súa empresa encargouse da restauración de ditos muíños, obras estas que causaron grande descontento entre os veciños da zona, xa que os operarios de Orsating non respectaron o proxecto, non cumpriron os prazos e roubaron unha das pezas dun muíño.

A rehabilitación destes muíños foi unha petición que a Asociación de Veciños da Salgueira lle requeriu ó anterior goberno de Mos (coalición PSOE-BNG). Os exdirixentes municipais concederon a remodelación a cambio da cesión dos muíños, que eran propiedade privada, ó Concello. Dita obra foille adxudicada a Orsating, o que causou extrañeza entre os entón membros da oposición, xa que se trataba dunha empresa de fóra da provincia de Pontevedra.

As obras comenzaron aproximadamente a principios do mes de maio de 2007, pouco antes das eleccións municipais e, dende un principio, os veciños denunciaron o “oscurantismo” mantido sobre este tema polo goberno local, que non lles comunicou en ningún momento a data de inicio dos traballos nin supervisou o labor dos obreiros durante o tempo que permaneceron nos muíños.

Durante a execución das supostas melloras nos muíños da Salgueira, os veciños denunciaban constantemente que a empresa contratada estaba a saírse do pautado no proxecto inicial, xa que empregaron outro tipo de tella nalgúns dos muíños e noutros tapárona directamente con madeira; deixaron os aleiros dos tellados descuadrados e non respectaron a estructura orixinal das construccións.

Respecto do roubo dunha das pezas, o que ocorreu, segundo declarou a Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, foi que os responsables da empresa Orsating levaron un reducio coa explicación de que ían sacar unha copia en pedra o máis fiel posible ó orixinal para colocar nos muíños nos que non se conservaba dita peza, pero nin o orixinal nin as copias regresaron nunca á Salgueira. A Alcaldesa comentou que hai persoas que aseguran que o rodicio sustraído atópase agora en Carballiño.

Arévalo culpa ó concelleiro responsable naquel entón de non terse interesado nunca polo estado das obras nin polos sucesos, coma este último relatado, que alí ían acontecendo. Outra das denuncias dos veciños foi, e sigue sendo, segundo explica a rexedora local, “que o anterior goberno municipal, concretamente o tenente alcalde nacionalista Xosé Manuel Martínez Ojea, comprometeuse con eles a rehabilitar un muíño por ano, prazos que non se compriron, xa que dos seis só se remozou un, que é o que agora está a funcionar”. Outros dous muíños, segundo informou hoxe Nidia Arévalo, “quedaron tan mal arranxados que hai que desmontalos e volver a reconstruílos de novo, coa duplicación de gasto que iso conleva”. No resto de muíños, Orsating só levou a cabo labores de desbroce, sen embargo, o custe total da obra ascendeu a preto de 80.000 euros.

O caso de agosto de 2008

Segundo datos publicados por La Voz de Galicia, Fausto Alén, dono da empresa Orsating e voceiro do PSOE de San Amaro, foi arrestado en agosto de 2008, acusado de comprar maquinaria con pagarés falsos por valor de preto de 23.000 euros. Tra-lo arresto, a Garda Civil recuperou parte de dita maquinaria, valorada en 5.000 euros. Tras ser detido, o presunto estafador foi posto en liberdade con cargos".