VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o expediente de contratación para a adxudicación da asistencia técnica educativa dos campamentos que se celebrarán o vindeiro verán no Centro de Vacacións da Lanzada. A entidade provincial investirá neste programa un orzamento máximo de 125.000 euros.
Este ano ampliaranse os campamentos de 8 a 10 turnos e tamén aumentarrán en 20 o número de prazas de cada un. A Deputación intensificou nos últimos anos a actividade do Centro da Lanzada de xeito que en cinco anos pasou de acoller durante o verán a 400 rapaces a preto de 2.500.
Os Campamentos de verán organizados pola Deputación son os máis baratos de Galicia cun custe de 68 euros por neno. Este prezo inclúe todas as actividades, pensión completa, excursións etc. En total participarán nos campamentos da Deputación 2.500 rapaces (200 en cada turno).
Estes nenos permanecerán sete días nestas instalacións tempo no que desenvolverán numerosas actividades: actividades de natureza, saídas á praia, veladas nocturnas, viaxe a ons, e outras actividades lúdicas e deportivas… Esta actividade realizaranse dende o 24 de xuño ata o 5 de setembro, ambos inclusive. Participarán nenos con idades comprendidas entre os oito e os trece anos.