O cuarto hospital de Vigo debe ser unha infraestructura prioritaria para que se convirta en realidade no 2012
A área de Vigo arrastra un déficit histórico en materia de atención sanitaria, en boa medida pola falta dunha perspectiva metropolitana, cun sobredimensionamento dos servizos que se prestan na cidade para tentar de atender unha área metropolitana de máis de medio millón de habitantes.
A día de hoxe temos riba da mesa un ambicioso proxecto, valorado de xeito moi positivo por parte dos colectivos sociais e profesionais. Existe xa unha localización consensuada que é calificada por todos como a mellor ubicación polo que tan só falta dar o impulso definitivo ás expropiacións e comezar coas obras. Non se pode perder nin un só día, a construción do novo hospital debe comezar canto antes para non perder a perspectiva e ter en prazo un servizo destinado a ser unha referencia na área metropolitana de Vigo.
Pedimos responsabilidade e compromiso con algo tan serio como é a saúde. Vigo e a súa área non poden permitirse que coa sanidade suceda igual que con outros moitas infraestruturas que sufren un continuo devenir de cambios nos proxectos e incumprimento nas datas como é o caso da chegada do AVE, a construción do auditorio, a solución ao saneamento da Ría de Vigo... Por iso queremos que o hospital teña un tratamento preferente que acelere a súa construción, que impida que se dilaten os prazos ou introduzan factores desestabilizadores como a financiación privada nun servizo que ten que ser público e de calidade.
Dolores Casariego Lois
Vogal de Sanidade FAVEC