09 septiembre 2009

Ajudicadas por fin las reformas del auditorio de Ponteareas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, anunciou hoxe trala Xunta de Goberno a adxudicación das obras de rehabilitación do Auditorio de Ponteareas “Reveriano Soutullo” por un importe de 1.231.812,17 euros. Concretamente, a empresa encargada de acometer os traballos será Movex Vial S.L.
A actuación terá por obxecto transformar o espazo interior do edificio para dotalo de nova iluminación e ventilación directa ó exterior practicando varios lucernarios na cuberta.
Do mesmo xeito, dotarase ó edificio das necesarias saídas de evacuación de emerxencia, das que carece na actualidade, para adaptalo á normativa vixente de protección contra incendios e seguridade de utilización para o público. Tamén se renovarán as instalacións eléctricas, audiovisuais, acústicas, climatización, ventilación.
A intención da Deputación e do Concello é transformar o auditorio, unha obra que data do ano 1982, nunha edificación totalmente accesible. Segundo recolle a memoria do proxecto, a obra ten complexidade debido ás grandes dimensións do edificio, así como polo feito de que está situado semisoterrado baixo unha praza pública no centro do casco do municipio.
O Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo” componse dunha planta baixa na que se atopa o auditorio; dunha planta alta cos accesos e as salas de ensaio; planta cuberta na que está situada unha praza pública a modo de xardín urbano.