09 septiembre 2009

Al BNG no le gusta el portugués Durao Barroso como presidente de la Comisión Europea

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A voceira do BNG en Europa, Ana Miranda, non apoiará o renomeamento de Durao Barroso como presidente da Comisión Europea na audición que o Presidente en funcións desta Comisión mantén cos grupos políticos da Eurocámara e hoxe, concretamente co grupo Verdes-Alianza libre Europea (Ale), no que está integrado o Bloque Nacionalista Galego.

A Voceira do BNG, e futura eurodeputada no ano 2011, afirma que o programa político de Barroso baséase na primacía do mercado neoliberal e na competencia como motor de crecemento e non “no benestar e na protección social”.

Miranda critica que este programa non presente ningunha solución política ante a crise económica, financeira e ecolóxica que padece a Unión Europea, “un presidente que durante 5 anos impulsou prácticas ultraliberiais, non propiciou una verdadeira unión política nen unha Europa social que respeite a diversidade e que discriminou a Política Común de Pesca relegándoa frente a outras políticas, con consecuencias gravísimas para Galiza” non contará coa nosa aprobación.

Asemade, engade que “a política defendida por Barroso amparou un modelo produtivo en materia de agricultura e desenvolvemento rural que só favorece ás grandes explotacións e a agroindustria, e que “ non deu unha solución a problemas tan graves como a crise do sector lácteo.” Miranda enfatiza que “Galiza tamén é Europa e con Durao Barroso estamos sendo obxecto de esquecemento e discriminación constante”

A voceira do BNG no Parlamento Europeo non escatima críticas á reelección do candidato a presidir a Comisión Europea e afirma que “Barroso promoveu directivas como a polémica directiva do tempo de traballo, a de servizos, a liberalización do trasporte de curta distancia que tanto está a afectar a ría de Vigo ou a controvertida directiva de retorno, entre outras medidas pouco sociais.”

O grupo político europeo no que está integrado o BNG vai emitir o voto en contra de Barroso por non defender a diversidade interna entre os estados membros de nacións europeas, por non impulsar unha política exterior europea de protección en problemas políticos graves como o de Palestina ou do Sahara -no que é interlocutor principal de Marrocos-, por reducir o orzamento comunitario destinado a políticas sociais e do benestar das traballadoras e traballadores, das familias, da mocidade e a terceira idade e dos inmigrantes, ademais de non fomentar políticas de creación de emprego impulsando normativas que favorecen a deslocalización e o dumping económico e social en Europa.

A nacionalista reitera que o enfoque dos últimos anos do Goberno comunitario dirixido por Durao Barroso e o Partido Popular europeo, discrimina a Galiza e non garante unha política social e de respeito aos cidadáns nen ás culturas diferentes.

En nome de EUROPA DOS POBOS intervirá o eurodeputado de ERC, Oriol Junqueras, que saudará inicialmente en portugués ( lingua que Barroso non utiliza nunca no Parlamento europeo) e que trasladará ao pleno o voto en contra do Grupo VERDES-Ale, á reelección de Durao Barroso á Presidencia da Comisión europea.