03 septiembre 2009

Ayudas para rehabilitar viviendas en Cambados

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adxudicou as obras de reparacións no grupo de 48 vivendas de promoción pública da rúa San Francisco, en Cambados (Pontevedra), correspondentes á fase II, bloques 7-9,11-13 e15-17, que se prevé iniciar neste mes de setembro.

As obras permitirán solventar problemas coas condicións de estanquidade e illamento das vivendas, así como a mellora das redes de subministro de auga e electricidade e a de saneamento.

As obras as realizar son as seguintes:

1. Cubertas: substitución dos actuais canlóns por uns novos de zinc. Non están previstas outras actuacións en cuberta por estar renovadas recentemente.

2. Fachadas: illamento térmico polo exterior mediante sistema tipo “coteterm”.

3. Muros baixo rasante: picado e rexuntado do muro de pedra.

4. Carpintería Exterior: substitución das actuais carpinterías exteriores por unhas novas realizadas en madeira de iroko tratado. Colocación de contras de madeira. Acristalamento mediante vidro illante.

5. Elementos Comúns: demolición das escaleiras e nova construción en estrutura metálica e peldaño de madeira sobre reforzo de chapa metálica.

6. Instalación Fontanería: renovación da instalación común de fontanería, incluíndo acometidas, contadores e redes xerais.

7. Ventilación: para recuperar a ventilación dos actuais tiros verticais é necesario a renovación dos baños dado que estes tiros verticais discorren por tabiques destes.

8. Saneamento: neste proxecto está prevista a realización da preinstalación das acometidas cara a unha próxima conexión coa futura rede xeral do concello.

9. Instalación eléctrica: centralización dos actuais contadores, que están instalados na entrada de cada vivenda. Renovación das derivacións individuais ás vivendas e dotarase á escaleira de alumeado temporizado.

A obra foi adxudicada á empresa Winterra, S.A por un importe de 817.377,04 euros e prevese o seu inicio no mes de setembro.