03 septiembre 2009

Cansado de "aguijones" desde el entorno de Caballero, el conselleiro Hernández repasa en voz alta su cuaderno de campo referido a Vigo...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou esta mañá que as obras de seguridade vial que se están a acometer nas avenidas de Castrelos e de Florida rematarán no primeiro trimestre do vindeiro ano. Así o manifestou esta mañá Agustín Hernández durante unha visita ás obras de humanización e mellora que o seu departamento está a levar a cabo nestas dúas avenidas de Vigo. O titular de Medio Ambiente estivo acompañado polo alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares.

Recordou que as accións que se están a acometer contan cun investimento de máis de 8 millóns de euros. Concretamente, para as obras de seguridade vial da PO-330 (Avenida de Castrelos) invítense máis de 3,6 millóns, mentres que nas accións de mellora de seguridade da PO-552 (Avenida de Florida) reservouse unha partida de máis de 4,5 millóns.

Cómpre sinalar que estas obras tamén inclúen actuacións sobre os servizos urbanos, xa que se está a realizar unha renovación e dotación de servizos de abastecemento, saneamento, iluminación pública, xardinería e rego e de distribución de enerxía eléctrica.

En calquera dos casos, as actuacións tratan de consolidar unha mellora na seguridade vial das rúas así como na calidade de uso e acabados. Estas actuacións permitirán ampliar os espazos destinados a tránsito peonil e establecer uns percorridos mellor coordinados do tráfico rodado, o que redundará na humanización do entorno. Anunciou que as obras estarán rematadas no primeiro trimestre de 2010.

Investimentos “vivos”

Agustín Hernández aproveitou a súa visita para garantir que o seu departamento “estará comprometido con todos os proxectos vitais para Vigo”. Afirmou que a consellería está a investir mais de 100 millóns de euros en obras xa comprometidas orzamentariamente no termo municipal de Vigo.

ACTUACIÓN

M.€

Avdas. Castrelos e Florida

8

Rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas, Escultor Gregorio Fdez.

6,2

PO-325

10,5

Túnel rúa Xulián Estévez

12,6

Auditorio de Vigo

21

San Paio de Navia. VPP

35

San Paio de Navia. Zona verde

5

As Roteas. VPP

3,1

TOTAL

101,4

Actuacións prioritarias

Respecto da depuradora de Vigo, sinalou que a consellería ten o máximo interese en sacar adiante o proxecto, e lembrou que ao Ministerio de Medio Ambiente tamén lle consta a insistencia sa Xunta en chegar a un acordo, xa que se enviaron ata tres propostas diferentes para posibilitar que a administración autonómica poida facer fronte aos 115 millóns de euros que ten que aportar para facer realidade esta infraestrutura.

Sinalou que as últimas declaracións da ministra, a comezos do verán, nas que amosouse disposta a chegar a un acordo, permiten ser optimistas sobre o desbloqueo da obra, e nestes momentos a Xunta está a agardar que o Goberno do Estado determine por cal das fórmulas plantexadas vai optar. Neste senso, Hernández agradeceu as xestións realizadas ante o ministerio polo alcalde de Vigo tras a visita oficial do presidente da Xunta á cidade, na que Núñez Feijóo solicitou a mediación de Abel Caballero neste asunto.

En canto ás obras que se están a realizar en San Paio de Navia, Agustín Hernández anunciou que o seu departamento desbloqueou a construción das 384 vivendas de promoción pública, o que posibilitará rematar as obras no mes de xaneiro de 2010, data en que tamén está previsto entregalas aos beneficiarios do sorteo celebrado no mes de xullo, unha vez resoltas as alegacións e comprobado o cumprimento dos requisitos legais. O conselleiro asegurou que no caso do parque actuarase do mesmo xeito, e que en vindeiras datas agarda poder anunciar o desbloqueo desta actuación. Asegurou tamén que as obras aceleraranse para tentar recuperar o tempo perdido.

Por último, e en canto ás principais obras pendentes na cidade, sinalou que respecto da continuación do túnel de Beiramar establecerase unha “canle técnica” co concello e a Autoridade Portuaria para chegar o antes posible a un acordo sobre o proxecto a desenvolver. Tamén Anunciou que antes de finais de ano quedará desbloqueado o proxecto da PO-325 cunha actuación que garantirá a mellora da seguridade vial eliminando o carril bici.

Avenida de Castrelos

As obras que se está a realizar na avenida de Castrelos afectan a totalidade da vía, cuxa lonxitude é dun quilómetro. Segundo manifestou o conselleiro de Medio Ambiente estase a traballar na redefinición dos carrís de circulación, así como das bandas de aparcamento. Tamén se están a coordinar os espazos públicos coas edificacións existentes, mediante a adaptación dos accesos ao Pavillón Central das Travesas, e a mellorar as condicións de evacuación en caso de emerxencia. Por outra banda, tamén se establecen novas áreas de aparcamento e servizos para o pavillón.

Asemade, deséñase a configuración dunha nova rede semafórica, o trazado e implantación dunha nova sinalización horizontal e vertical, que permitan coordinar os tráficos de rúas tan transitadas como Arquitecto Palacios ou a Avenida Portanet. Os traballos neste vial da cidade de Vigo tamén implican a ampliación das beirarrúas, e unha nova pavimentación a base de adoquín de granito nas bandas de aparcamento.

En canto ás obras relativas aos servizos urbanos, sobre o abastecemento estanse a substituír os treitos existentes en fibrocemento, deixando unha rede en canalización de fundición. No capítulo do saneamento procédese á renovación dun importante colector de augas residuais, substituíndose o actual ovoide de formigón por un colector cun diámetro de 1500 mm, que se coloca dende o pavillón de deportes ata a entrada do colector no Parque de Castrelos, onde serán conducidas as augas ata o tanque de tormentas.

Con motivo da existencia de tendidos eléctricos da rede de baixa tensión por fachada, desenvólvese unha canalización, para facilitar o posible soterrado das liñas, ademais de reforzar a canalización existente. No relativo aos traballos de iluminación pública, substitúese a existente por unhas novas e máis eficientes luminarias, logrando un maior rendemento lumínico e unha mellor distribución dos puntos de luz. Por último, dótase á rúa de arborado colocados sobre alcorques de fundición e instalándose unha rede de rego automático programable en todas as árbores.

Máis de 2 quilómetros da avenida de Florida

As actuacións que se están levando a cabo na Avenida da Florida abarcan máis de 2,2 quilómetros e consisten na redefinición dos carrís de circulación, así como das bandas de aparcamento, no establecemento de glorietas nos cruces das rúas Padre Seixas e Martín Echegaray e na implantación dunha nova sinalización horizontal e vertical e unha rede semafórica con sistema LED. Tamén se ampliarán as beirarrúas con lousa e bordo de granito gris alba.

A actuación abrangue un percorrido total de 2.200 metros, que discorren entre o Camiño de Caramuxo e Praza América, dos cales dotaranse de beirarrúas e aparcamento ós primeiros 1.600 metros (dende Praza América ata a confluencia coa rúa Padre Seixas). No relativo as obras de servizos neste vial, procederase a complementar a rede de abastecemento existente cunha canalización de 350 mm de diámetro que conecta o Camiño do Caramuxo coa Praza de América. Ademais, renovaranse as acometidas domiciliarias e suplementaranse os servizos de rego e contra incendios.

En canto ao saneamento, renóvanse os treitos de saneamento entre as rúas García Lorca e a Praza de América e se complementará a rede de pluviais, para definir o saneamento da rúa completamente separativo.

Con motivo da existencia de tendidos eléctricos da rede de baixa tensión por fachada, desenvolvese unha canalización, para facilitar o posible soterrado das liñas, ademais de reforzar a canalización existente. Neste caso tamén se substitúe a iluminación existente por unhas novas e máis eficientes luminarias, logrando un maior rendemento lumínico e dotarase a rúa de arborado.