10 septiembre 2009

Concello de Moaña : aviso

Curso de Pintura 2009-2010.

A Concellería de Cultura e Ensino pon en marcha un novo curso de pintura en colaboración co colectivo "A carón do Mar".

O Curso de pintura será impartido por un membro do colectivo “A carón do Mar”, Lito Portela, en sesións de 2 horas por semana.

Este curso levarase a cabo no Centro Cultural de San Martiño, en horario a determinar polos asistentes

.O obxectivo do curso será fomentar a pintura entre os veciños afeccionados a esta manifestación artística.

A duración do curso será de 8 meses que irán de outubro 2009 a maio 2010.

O curso organizarase en 2 trimestres e 1 bimestre:

Curso aceptará a 30 alumnos, que sexan maiores de 6 anos.

O prazo de preinscripción comeza o vindeiro día 15 ata o 30 de setembro. A inscripción irá do 1 ó 10 de Outubro . O coste será de 24€ por alumno.

Para a preinscripción dirixirxe ó Dpto. de Cultura no concello de Moaña, ou ben por Internet, ó correo moanacultura@gmail.com, Detallando, nome, dirección, tlf de contacto,e DNI (Nome dos pais e do alumno en caso de ser menor).