10 septiembre 2009

El Bloque está mosca con una excursión veraniega a Suecia del Conselleiro de Cultura

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz do BNG na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, Ana Pontón, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao conselleiro de Cultura e Turismo que informe da súa viaxe a Suecia no mes de agosto para manter un “encontro amigábel” coa presidenta da Fundación Carlos Casares, unha institución que, subliña, “ten a súa sé en Galiza, concretamente na cidade de Vigo”.


Ana Pontón lembra que o pasado 4 de Agosto a Consellaría de Cultura e Turismo informou a través dunha nota de prensa da visita do conselleiro a Estocolmo para manter “un encontro amigábel” coa presidenta da Fundación Carlos Casares e para tratar algún dos proxectos da fundación en Suecia.


“Resúltanos inexplicábel esta viaxe estival”


A parlamentaria nacionalista considera “inexplicábel esta viaxe estival, máxime cando a información que fai pública a Xunta de Galiza non fala dunha visita institucional senón dun encontro amigábel”.


Ademais, lembra que “non se aclaran os motivos que levan ao conselleiro a manter un encontro coa presidenta dunha fundación en Estocolmo, cando esta ten a súa sede na Galiza, concretamente na cidade de Vigo”.


Por todo isto, a deputada do BNG pregúntalle ao conselleiro de Cultura que explique cal foi a urxencia que motivou esta viaxe, se foi unha xuntanza oficial ou tivo un carácter “amigábel” e que informe dos acordos e compromisos que se derivaron deste encontro.