02 septiembre 2009

Feijóo: “A prioridade de calquera política laboral é crear traballo, o resto non son máis que parches que van a producir máis desemprego”

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lembrou que “a prioridade de calquera política laboral é crear traballo, o resto non son máis que parches que van a producir máis desemprego”. Con estas palabras, Feijóo fixo alusión á ineficaz política de subsidios e axudas a parados que está levando a cabo o Goberno central e que non soluciona o problema das altas cifras do paro.

O presidente da Xunta lamentou o “varapalo” que supón para a situación económica os recentes datos do paro e subliñou a necesidade de establecer “unha folla de ruta para saír do buraco económico”. O popular propuxo, polo tanto, a promoción de políticas de emprego “activas” para loitar contra a lacra social do desemprego e criticou que o trimestre dos denominados “brotes verdes” polo Goberno central deixase 200.000 parados máis, así como a “disminución da producción industrial” e a “disminución do emprego”.

Feijóo laiouse de que a crise “lonxe de disminuír” se incrementase máis ata o punto de que España, co 18,5% do paro, sexa o país da Unión Europa que máis postos de traballo destrúe.

Así mesmo, o presidente da Xunta tamén fixo fincapé na necesidade de que nestes tempos de crise todas as administracións públicas se fagan cun plan de austeridade antes de plantexarse “ningunha subida de impostos ás rendas dos traballadores e ás rendas dos aforradores”. O popular afirmou que as administracións públicas son as primeimras que “teñen que apretarse o cinto” e “dar exemplo” á cidadanía, facendo un “presuposto responsable”.

Neste sentido, Feijóo invitou á administración central a “disminuír costes dos Ministerios”, “nóminas dos altos cargos, asesores e persoal de confianza dos ministros, dos secretarios do Estado, do presidente do Goberno e dos membros dso gabinete”.

O popular alegou que nun momento de “grave recesión económica” non se pode “seguir vivindo coma se fosemos un país en bonanza económica” e que criticou que, pola contra, o Goberno central “lonxe de plantexar un plan de austeridade” esté mantendo unha administración grande con multiplicidade de “altos cargos, asesores e persoal de gabinete”.