10 septiembre 2009

Nueva letanía de Feijóo : ahora, "el galeguismo cooperador"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou nunha conferencia do foro de actualidade en Ourense a importancia que ten hoxe en día un galeguismo cooperador que integre os esforzos dos galegos para seguir progresando e vencendo os obstáculos que se presenten. Neste sentido, Feijóo subliñou a necesidade de mirar adiante e preguntarnos qué nos pide Galicia e qué reclaman as súas circunstancias.

A respecto disto, o popular afirmou que os populares poden sentir o orgullo de gobernar e ter gobernado Galicia con palabras e con feitos e que, grazas a iso, ao Partido Popular se lle debe o nacemento dun galeguismo transformador que pensa e actúa. Sen embargo, para completar esa fase do galeguismo transformador, segundo o presidente do PPdeG, é necesario recorrer tamén á cooperación entre os galegos.
Asegurou que Galicia é e foi durante moitos anos un modelo para os que ven no autogoberno das comunidades un reforzo e non unha fenda e que, desde aquí, tamén se fai política de Estado, ás veces con máis sentido común que na Administración central.

O popular non esqueceu mencionar á Xeración Nós, cuxos membros concebían Galicia como unha unidade, á que puxo como exemplo a seguir para harmonizar esforzos en Galicia, tan necesarios nestes tempos de crise Para Feijóo, a crise é un factor que converte a integración dos esforzos nunha obriga para vencer canto antes a recesión económica e recuperar o ritmo de crecemento galego.

Con relación a isto, o presidente do PPdeG reclamou dos cidadáns un cambio de perspectiva. O popular propuxo que os galegos, sen ter que renunciar á súa personalidade, se sintan parte complementaria dun todo que necesita unha “partitura” semellante para seguir avanzando. Lembrou que hai problemas que afectan a toda Galicia e que reclaman solucións para toda Galicia, por iso, para o popular, é necesaria unha combinación dos esforzos e dos obxectivos dos galegos.