11 septiembre 2009

Tribuna Libre

O xulgado do contencioso administrativo desestima o recurso presentado contra as sancións da XER e deixa desamparada á cidadanía ante a administración

A Federación Veciñal acaba de coñecer a sentencia do xulgado do contencioso administrativo nº2 de Vigo na que se desestima o recurso de reposición contra unha multa por estacionar carecendo do tique en zona de estacionamento regulado (sentencia nº 185).

Trátase dunha primeira sentencia na que chama poderosamente a atención que se recoñezan as irregularidades na tramitación dos expedientes administrativos das denuncias, no que non consta a ratificación da persoa que denuncia, sendo sustituída esta pola declaración testifical do denunciante na sede xuridiccional e informe do control da XER tal e como recolle a sentencia: “aunque en el expediente administrativo no conste la ratificación, en el acto de la vista en sede jurisdiccional se ha recibido declaración testifical al controlador denunciante, y además se ha aportado informe del Jefe de Centro XER de Vigo”. Tamén resulta paradóxico que recoñeza este xulgado a indiscutible ausencia do carácter de axente por parte dos controladores da XER: “En este sentido ya la STS de 1 de octubre de 1991 dijo que “el controlador del Estacionamiento vigilado no tiene la consideración de agente de la autoridad y por ello su simple denuncia equivale a la denuncia de un particular y al no ser adverada por pruebas posteriores, no tiene fuerza suficiente para acreditar los hechos denunciados”.

Nos sorprende que non se considere obrigado o control metrológico dos parquímetros e que se considere o manifestación de Dornier S.A. conforme están exentos de este control cando a sentencia recolle que “de conformidad con lo establecido en los aparatados 1 y 3 del artículo séptimo de la Ley 3/1985, de 18 de marzo, de Metrología, los instrumentos, aparatos, medios y sistemas que sirvan para pesar, medir o contar y que sean utilizados en aplicaciones de medida por razones de interés público, […] protección de los consumidores y usuarios […] estarán sometidos al control metrológico del Estado, cuando esté establecido, o se establezca, por reglamentación específica”.

Logo de coñecer a sentencia temos que preguntarnos polas garantías da cidadanía diante da administración xa que se nos da a razón e recoñecen as inxustizas do sistema para emitir unha sentencia que finalmente da a razón á administración. Dentro do noso dereito á liberdade de expresión e desde o máximo respecto ás institucións, esta entidade manifesta que nos parece totalmente inxusta a resolución defende os intereses do Concello deixando desamparados a milleiros de cidadáns ante o enorme poder da maquinaria administrativa.

José Manuel Fernández Elena González Sánchez
Vogal Consumo FAVEC Presidenta FAVEC