VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . Unha vez rematado o prazo estabelecido (onte ás 19.00 horas) presentáronse catro listas para a Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG que terá lugar o próximo domingo 10 de maio.
Son, por orde de presentación, as seguintes: “Alternativa pola Unidade, Lealdade e Operatividade do BNG”, encabezada por Guillerme Vázquez; “Máis Alá”, encabezada por Rafael Vilar; “Máis BNG”, encabezada por Carlos Aymerich e a lista encabezada por Xosé Manuel Beiras.