06 mayo 2009

O BNG de Ponteareas acusa ao Alcalde de cobardía política ao suspender o pleno por medo ao debate

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteareas acusou ao alcalde do Partido Popular, Salvador G. Solla, de cobardía política, por negarse a debater no pleno as mocións dos nacionalistas sobre; a necesidade dun novo centro de Primaria en Ponteareas, as melloras que de xeito inmediato é necesario acometer nas instalacións educativas esixentes ou propostas para contar cunha TV.Municipal máis plural, que retransmita os plenos e realice debates con todas as forzas políticas da coorporación municipal de Ponteareas.

“Unha vez máis, o goberno municipal do PP mostrou a sua nula xestión ao frente do Concello, como se constatou coa sua actuación sobre a rotonda de Canedo,” afirmou Bolívar González, portavoz municipal do BNG. Os veciños poideron constatar a irresponsabilidade do Alcalde e o seu goberno nesta obra, que afecta a seguridade vial de centos de veciños. Salvador G. Solla foi incapaz de responder sobre as xestión concretas e documentadas que realizou nos tres últimos anos para desbloquear esta obra, que o proxecto contemple o regato da Venda así como as actuacións do Concello sobre os servizos e instalacións municipais afectadas, afirmaron os nacionalistas.

Bolivar González manifesta, que grazas as movilizacións veciñais, o Ministerio de Fomento e o Concello volveron a mostrar un mínimo interés por esta obra, tan necesaria, que xa foi contratada hai máis de tres anos. Agora esperamos que se concrete o proxecto de execución e se facilite toda a información sobre a obra a realizar.

Os nacionalistas afirman que obrigarán ao goberno municipal a debater sobre os temas pendentes pola suspensión arbitraria do pleno por parte do Alcalde.