23 mayo 2009

Avanzan importantes obras de alumbrado público en Moaña

MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .-O pasado venres o tenente alcalde de Moaña Victor Pastoriza, pudo comprobar o estado das obras de mellora do alumeado que se están acometendo en Meira e Domaio.
No tramo correspondente a Meira, xa se reemplazaron os puntos de luz existentes dende o acceso a Igrexa de Meira ata o desguace, na estrada provincial EP1102. Dende o desguace ata a rotonda de acceso o corredor instálaronse postes e puntos de luz. Idéntica actuación se levou a cabo no vial municipal dende o desguace ata a curva da Morte na estrada provincial EP1101. Para completar este tramo faltan solamente a instalación de 2 novos puntos de luz. Este último vial de aproximadamente 1 Km, estase convertendo nunha importante alternativa de acceso dende o centro de Moaña o corredor.

No tramo correspondente a Domaio, dende a Cerradiña na PO551 ata o acceso o corredor na Devesa, reemplazaronse tódolos puntos de luz existentes e instaláronse novos postes e puntos dende as vivendas da Costa ata escasos 300 metros do acceso o corredor, un tramo recto e sen problemas de visibilidade. En Domaio tamén se instalarón novos postes e puntos de luz no vial das Roteas, dende a PO551 a estrada provincial EP1103 que atravesa Domaio dende Caixanova o Cemiterio por San Benito. Neste tramo quedan pendentes cambios de postes de madeira por formigón no entorno do parque infantil da Cerradiña, asi como a instalación de novo alumeado no propio parque.

En ambas actuacións instaláronse novos equipos de control, que permiten un acceso individual a traves de informática a cada punto de luz, que permite definir o horario e regular a potencia de cada un dos puntos de luz, o que se traduce nunha importantes mellora e aforro no servizo. En ambas actuacións invertironse 200.000 € a través dunha actuación do plan E.

Hai unha terceira obra de mellora de alumeado por valor de 100.000 €, na PO551 dende o Portal do Almacen ata as ultimas vivendas de Broullón, a poucos metros do mirador da Fraga, que atravesa o Corredor no muiño do inferno, e que está a espera da autorización da Xunta para o comezo das obras.

O Tenente Alcalde espera que teña continuidade o proxecto de instalación de alumeado nas rotondas dos accesos do Corredor que deixou iniciados o anterior goberno da Xunta.
En Domaio, son 2 actuacións : O entronque do corredor coa PO551- acceso a Ponte de Rande e na Devesa, co vial municipal de acceso a San Lourenzo.
En Meira, na conexión coa estrada provincial EP1102 en Couso.
En Moaña, son tamén 2 actuacións: A conexión coa estrada autonómica PO551 no muiño do inferno e na Rotonda de acceso a Cangas por Rodeira e a San Martiño.