24 mayo 2009

Consellería de Traballo se justifica tras su evidente fracaso en el conflicto del Metal en Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Traballo, lembra que desde o pasado 22 de abril se ten reunido con sindicatos e empresarios do sector do metal de Vigo en cinco ocasións para tentar mediar no conflito que teñen aberto ambas partes por diferencias no convenio colectivo. Dous destes encontros tiveron lugar de xeito bilateral, entre Administración e empresarios, por unha banda, e entre Xunta e sindicatos, por outra, a petición das partes implicadas. As outras tres veces, a mediación da Xunta tivo lugar dentro da mesa negociadora.

En todos estes encontros a Xunta de Galicia estivo presente a través del director de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, acompañado por representantes da Inspección de Traballo. Así mesmo, desde que o pasado día 4 de maio Lucía Molares tomou posesión do seu cargo como delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo non só se incorporou a estas reunións, senón que mantivo un contacto directo tanto cos sindicatos como con empresarios para tentar desbloquear un conflito.

Estes contactos reanudaranse o próximo luns, nunha reunión que foi convocada polo director de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, o pasado venres e que ten como obxectivo abrir de novo unha liña de diálogo que permita acadar unha solución ante as distintas posturas que manteñen patronal e sindicatos.

Desde a Dirección de Relacións Laborais, lémbrase que se trata dunha negociación iniciada no mes de febreiro e que se rompeu semanas antes de que chegase o novo Goberno sen que o bipartito fixese nada para evitar un conflito maior. Por iso, sorprenden as acusacións feitas hoxe polo parlamentario socialista, José Tomé, acusando á Xunta de non ter intervido no conflito, afirmación que á vista do ocurrido é “totalmente falsa.”

Ademais, Martiñá subliña que na sinatura do anterior convenio colectivo foron necesarios más dunha decena de xornadas de negociación para acadar un consenso, pois “estamos ante un conflito no que as dúas partes teñen posturas moi diferenciadas, polo que chegar a un acordo non é un tema sinxelo.”