07 mayo 2009

Consellería de Traballo trata a marchas forzadas que Patronal y obreros del Metal pacten y se entiendan

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . A Consellería de Traballo e Benestar acaba de convocar a sindicatos e patronal do sector do metal a dúas reunións de carácter bilateral, que terán lugar mañá na sede da Xunta en Vigo co obxectivo de desbloquear o conflito que está a enfrentar a empresarios e aos sindicatos presentes na mesa de negociación do convenio colectivo do sector do metal.

A primeira hora desta mañá, o director de Relacións laborais, Odilo Martiñá, convocou ás dúas partes coas que espera reunirse mañá por separado nuns encontros nos que estará presente a Inspección de Traballo e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares.

O primeiro encontro será cos sindicatos e posteriormente coa representación empresarial, cos que se tentará achegar posturas para conseguir que se inicien as negociacións que, de darse o acordo, poderían empezar o próximo luns.

Desde a Consellería de Traballo, dirixida por Beatriz Mato, faise un novo intento por acadar o diálogo neste conflito, como o ven facendo desde o pasado 22 de abril, data na que se iniciaron as mobilizacións deste colectivo cun peche no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, xornada na que a propia conselleira solicitou a ASIME que se reunise coa representación sindical, encontro que rematou sen acordo.

Ao longo da pasada semana desde o departamento de Relacións Laborais mantivéronse contactos continuos con ambas partes para por sobre a mesa as demandas de cada unha e ver as posibilidades de achegamento das posturas.