VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- .- O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, demándalle ás distintas administracións que as axudas do Plan PREVER para a compra de automóbiles estean vinculadas ao mantemento dos postos de traballo no sector do automóbil.
Pérez Bouza amosa o seu apoio a esta iniciativa para reactivar un sector que está a atravesar unha difícil situación pero defende que “as axudas públicas que “as axudas públicas que se concedan deberían estar condicionadas a que tanto as factorías de automóbiles como os concesionarios se comprometan ao mantemento dos postos de traballo”.
Iniciativa do BNG aprobada no Senado o pasado mes de febreiro
A este respeito, o senador nacionalista lembra que o Pleno do Senado aprobou o pasado 17 de febreiro unha moción do BNG “que, entre outros aspectos, demandaba a vinculación das axudas públicas pola compra de vehículos ao mantemento do emprego por parte dos fabricantes e concesionarios”.
O Goberno dálle a razón ao que defendía o BNG: o Plan Vive non funcionaba
Ante o fracaso do Plan VIVE, a moción do BNG tamén instaba ao Goberno a poñer en marcha un novo Plan RENOVE, ao igual que estaban a facer varios países europeos, para paliar o forte descenso das vendas no sector.
“O Goberno que, daquela se apuxo a esta iniciativa, ven agora a darlle toda a razón aos plantexamentos que defendía o BNG e a recoñecer que estabamos no certo”, asegura Pérez Bouza.
“O PP, que apoiou a iniciativa do BNG no Senado, non debería poñer impedimento a que se aplicase”
Por último, Pérez Bouza pédelle ao PP, “que o pasado 17 de marzo votou no Senado a favor da iniciativa do BNG, a que sexa coherente e tamén vincule nas Comunidades Autónomas que goberno a concesión de axudas a compra de vehículos ao mantemento dos postos de traballo no sector”
LIGAZÓNS Á MOCIÓN DO BNG APROBADA O PASADO 17 DE FEBREIRO:
http://www.soitu.es/soitu/2009/02/17/info/1234906070_719738.html?id=d9a6f8d63f936da5f36e4cd79834c51c&tm=1242658098
http://motor.terra.es/ultimas-noticias-actualidad/articulo/senado-plan-renove-47129.htm
http://www.finanzas.com/noticias/empresas/2009-02-17/92650_senado-insta-gobierno-crear-plan.html
http://www.adn.es/local/zaragoza/20090217/NWS-3493-Gobierno-Renove-Senado-Plan-compra.html