21 mayo 2009

Tribuna Libre

VIGO : arrecia la polémica
con las obras en numerosas calles
___________________________________________________________

"A Concelleira de Vías e Obras demostra
co seu plantón un total desinterese polo barrio de Coia"

Unha representante que non só non é capaz de dar resposta ás necesidades da veciñanza senón que incluso nega o diálogo debe dimitir por incompetente
Esta entidade quere manifestar publicamente o seu malestar polo desplante da Concelleira de Vías e obras. Isaura Abelairas convocou á veciñanza a unha reunión no Concello o mércores pola mañá e vinte minutos antes anulou a cita sen data de aprazamento; acontecementos que denotan a súa total falta de interese polos problemas do barrio ademáis dunha total falta de educación e respecto á veciñanza.
Esta responsable municipal cuxas respostas aos problemas de Coia tan só coñecemos polas declaracións nos medios fai alarde dunha ignorancia e descoñecemento absoluto do barrio de Coia e da súa veciñanza. Unha concelleira que manifesta que “Coia é un barrio conflictivo” non ten nin idea do que está a acontecer nin das problemáticas neste zona de Vigo que moi lonxe do conflicto amosa a diario a súa madurez social e boa educación cívica.
Logo desta actitude e continuados despropósitos desta Concelleira non podemos por menos que solicitar:
- Pida perdón esta persoa a todo Coia polos agravios e falta de respecto continuados.
- Se non é capaz de pedir perdón e dar resposta ás solicitudes da cidadanía presente a súa dimisión por incompetente.
En Coia, a 21 de maio de 2009
María Villaraviz Goberna
Vogal de iniciativas socias do movemento veciñal de Coia