21 mayo 2009

Deputación echa otra mano para salvar el auditorio de Ponteareas

PONTEAREAS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Deputación Provincial de Pontevedra aprobará en Pleno una addenda ó convenio asinado co Concello de Ponteareas que elevará de 1.187.144 euros a 1.592.796 euros o custe da reforma do auditorio Reveriano Soutullo. Este asunto foi tratado hoxe pola Comisión Informativa de Cooperación celebrada no Pazo Provincial.
Esta modificación será consecuencia da modificación de diversas unidades de obra, así como da adopción de medidas técnicas non previstas inicialmente.
Do custe total de 1.592.796 euros a Deputación financiará 1.280.083 euros e o Concello de Ponteareas os restantes 312.712 euros. A actuación terá por obxecto transformar o espazo interior do edificio para dotalo de nova iluminación e ventilación directa ó exterior practicando varios lucernarios na cuberta.
Do mesmo xeito, dotarase ó edificio das necesarias saídas de evacuación de emerxencia, das que carece na actualidade, para adaptalo á normativa vixente de protección contra incendios e seguridade de utilización para o público. Tamén se renovarán as instalacións eléctricas, audiovisuais, acústicas, climatización, ventilación.
A intención da Deputación e do Concello é transformar o auditorio, unha obra que data do ano 1982, nunha edificación totalmente accesible. Segundo recolle a memoria do proxecto, a obra ten complexidade debido ás grandes dimensións do edificio, así como polo feito de que está situado semisoterrado baixo unha praza pública no centro do casco do municipio.
O Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo” componse dunha planta baixa na que se atopa o auditorio; dunha planta alta cos accesos e as salas de ensaio; planta cuberta na que está situada unha praza pública a modo de xardín urbano.