22 mayo 2009

Deputación pregunta
en junio a la ciudadanía...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Deputación de Pontevedra desenvolverá no curso do vindeiro mes de xuño un total de 500 entrevistas persoais a usuarios das dez comarcas da provincia co gallo de coñecer a situación actual dos servizos de atención a persoas existentes e a súa valoración como beneficiarios das mesmas.
Estas entrevistas, englobadas dentro do Pacto Local de Emprego Provincial que promove o organismo provincial, no marco do proxecto Aquelando 2, desenvolveranse durante o próximo mes como parte dun intensivo traballo de campo co que se pretende, dunha banda, analizar a situación actual e as necesidades existentes na oferta de servizos de atención a persoas, e, doutra, coñecer de primeira man a valoración que os usuarios fan dos servizos e recursos ó seu alcance.
Deste xeito, realizaranse medio milleiro de entrevistas ós usuarios dos servizos de atención a persoas, asociacións, empresas públicas e privadas e técnicos municipais, nas 10 comarcas da provincia, para que os resultados acadados reflictan unha maior heteroxeneidade e representen á opinión do conxunto da provincia de Pontevedra.
Paralelamente a este traballo de campo, estase a elaborar tamén un inventario dos recursos e servizos de atención a persoas existentes na actualidade na provincia de Pontevedra. A información obtida nestes procesos estará recollida no Pacto Local de Emprego Provincial, que permitirá coñecer as directrices e prioridades estratéxicas que guiarán o desenvolvemento futuro dos servizos no eido da atención ás persoas en Pontevedra.