CANGAS (MORRAZO-tribuna) .- Xosé Bangueses participará como relator nunha Xornada de Comercio en Cataluña, para contar a experiencia FECIMO. O próximo luns día 25 de maio o Presidente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo desprazarase ata a Cámara de Comercio de Terrassa, Barcelona, para participar como poñente nunha Xornada de Comercio.
A xornada céntrase na optimización de recursos e estratexias de aforro e está dirixida tanto para comerciantes como para directivos e técnicos de asociacións e federacións de comerciantes.
Xosé Bangueses terá 50 minutos para a súa presentación, que leva por nome: “Ahorro de costes basado en el éxito asociativo. La experiencia FECIMO”.
Nela expoñerase brevemente a historia e creación da Federación e pasarase despois a explicar o Plan Estratéxico FECIMO 2008-2010:
- Formación
- Información
- Negociación de convenios
- Promoción de ventas e redución de stocks a través da
organización de Feiras.
- Campañas especiais de promoción do comercio comarcal.
FECIMO amósase entusiasmada con esta invitación, sabendo que en Terrassa existe a única escola que imparte unha nova titulación universitaria adicada á formación de futuros comerciantes: ESCODI, creada no ano 2000 en colaboración coa Universidade Autónoma de Barcelona.