06 mayo 2009

Loas del conselleiro Rueda a la nueva estructura periférica de la Xunta

LUGO (MORRAZO-tribuna) ..O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, recordou en Lugo que un dos grandes obxectivos da nova estructura periférica da Xunta é “achegar a Administración aos cidadáns”. Nese sentido, agardou que esa proximidade “se note desde o primeiro momento”.

No acto de presentación da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o conselleiro salientou que a reforma emprendida na Administración representa unha oportunidade para a provincia de Lugo, “para acercala e entroncala cos centros de decisión de Santiago”.

Segundo indicou, a nova estructura permitirá que os cidadáns sexan atendidos “canto antes, directamente”, e que o aforro de recursos que supón a eliminación de 47 delegados provinciais se poida dedicar “ás cousas que a xente máis necesita”. Finalmente, considerou un acerto ter nomeado como delegada a Raquel Arias, da que destacou que foi alcaldesa dun pequeno concello, Sober, no que sabía como afrontar o traballo con moitas necesidades e poucos recursos e como atopar solucións de xeito rápido e eficaz.

A propia Arias concordou das vantaxes dunha Administración máis lixeira como a que ofrece a reducción de delegados, “para gañar en eficiencia”, e explicou que os novos delegados territoriais supoñen un compromiso “coa austeridade, a coordinación e o reequilibrio territorial”.

A delegada comprometeuse a levar a cabo unha comunicación constante coas consellerías e coas outras administracións, especialmente os concellos, e prometeu velar por que cada dereito que lle corresponde a un galego “chegue ata o último recuncho”.

Ademais, tanto a delegada como o conselleiro trasladaron palabras de ánimo e de pésame para as familias das dúas xogadoras do club de voleibol Emevé de Lugo falecidas nun accidente de autobús, así como desexos de pronta recuperación para as que están hospitalizadas ou convalecentes.