04 mayo 2009

Nuevo Director Xeral de Xustiza pide comprensión y ayuda a fiscales y jueces

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O novo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, salientou hoxe na súa toma de posesión que ofrecerá “gañas, ilusións e traballo” para atoparlle solución aos “moitos problemas” que existen na actualidade na Administración de Xustiza, que como recordou está a vivir un proceso de modernización no que é necesario sumar esforzos “de maneira harmónica e coordinada”.

No acto de toma de posesión estiveron presentes, entre outras autoridades, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Cadenas, e o fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, aos que Juan José Martín aproveitou para pedir “comprensión e axuda” na nova andaina que ten por diante, ante a que dixo sentir “orgullo”.

Tamén asistiu o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quen advertiu de que é “fundamental” que a relación entre a Administración de Xustiza e a Xunta sexa “estreita e cordial” para pode resolver os “moitos problemas” que hai por solventar neste ámbito. “Levaranos moitas horas e moitos esforzos”, salientou o conselleiro, que recordou a “especial importancia” que lle da á xustiza o novo Goberno, co presidente Alberto Núñez Feijóo á cabeza.

Ampla experiencia
Juan José Martín (San Martín del Rey Aurelio, Asturias, 1962) conta cunha ampla experiencia no mundo da xustiza e da administración pública. Licenciado en dereito, diplomado en criminoloxía e funcionario do corpo de secretarios xudiciais, ten traballado en xulgados de Canarias, Cataluña e Galicia.

En 1997 foi nomeado xefe do servizo de Xestión de Persoal ao servizo da Administración de Xustiza, dependente da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Xunta. En 2001 é nomeado subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza da Dirección Xeral de Xustiza e, en 2002, director xeral de Xustiza da Xunta, cargo que ocupa ata 2005, cando se reincorpora como titular da Secretaría do Xulgado de Primeira Instancia e Ins