03 mayo 2009

Olaia Fernández quiere un depósito general de los bienes que se incautan al narcotráfico

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a crear un depósito xeral de bens confiscados ao narcotráfico e un órgao especializado que se encargue da administración deste tipo de bens.
En concreto, a deputada nacionalista solicita ao Goberno que estas propiedades e bens confiscados se destinen a políticas sociais orientadas a persoas con drogodependencia. Davila quer que o Executivo elabore unha regulación específica respeito á xestión e destino destas propiedades.
Bens adquiridos con cartos do narcotráfico que deberían revertir socialmente
Olaia Fernández Davila subliña que a loita contra o narcotráfico na Galiza que arrancou coa Operación Nécora a inicios dos anos 90, supuxo a confiscación de moitos bens. “Bens que comprenden luxosos pazos, vilas, barcos ou modernas planeadoras que están en estado de abandono ante a saturación ou falla de decisión por parte dos xulgados”.
Para a parlamentar nacionalista este patrimonio que se adquiriu con cartos procedentes do narcotráfico debería “revertir socialmente nas persoas con drogodependencias. Debería destinarse á loita contra os efectos da droga como compensación polas nefastas consecuencias sociais, familiares, humanas e persoais que provoca”.
A deputada do BNG considera que o destino “natural destes bens debería ser o Plano Nacional sobre Drogas”. Afirma que de igual xeito opinan expertos xuristas na materia e fiscais especiais Antidroga que consideran que a incautación e xestión dos patrimonios confiscados ao narcotráfico adoecen dunha regulación específica”.
Subliña nesta sentido que de existir unha regulación específica sobre a materia, os xuices saberían como actuar á hora de tramitar estas propiedades.