05 mayo 2009

Preocupa al BNG la dotación de los centros de emergencias marítimas de A Coruña y Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a aumentar as plantillas de controladores dos centros locais de emerxencias de Sasemar de Vigo e A Coruña.
- De tal xeito, Jorquera demanda ao Executivo que canto antes proceda á convocatoria de prazas públicas de controladores, para que as gardas nocturnas estean cubertas axeitadamente.
Tamén pede que se aseguren en todo tipo de circunstancias, que as gardas no Centro Zonal de Coordenación de Fisterra estean cubertas por tres controladores.

Un único controlador para as gardas nos centros locais de A Coruña e Vigo

O deputado do BNG explica na súa iniciativa parlamentar que nos centros locais de emerxencias de A Coruña e Vigo, as gardas son atendidas por un único controlador, incluso as nocturnas, o que “resulta preocupante xa que se trata dun centro de emerxencias”. Alega que estas gardas deberían estar cubertas por un mínimo de dous controladores.

Jorquera pón de manifesto que o centro local de Sasemar coruñés, conta con 8 controladores a gardas para xestionar as emerxencias da súa zona. Ademáis de ter que atender o tráfico dos portos de Ferrol e A Coruña, e tamén se encargará do Porto Exterior de Punta Langosteira cando estea rematado. “É dicer, isto tradúcese no control dos tráfico de moitos barcos petroleiros e gaseiros. Sen esquecer, que é o centro de referencia NAVTEX para unha parte do Atlántico Norte”.

En canto ao centro local de Vigo, conta con 11 controladores a gardas e pacede as mesmas insuficiencias. “Tampouco cumpre o mínimo de dous controladores para as gardas nocturnas. Débese ter presente que ademáis do tráfico normal, Vigo é considerado un porto refuxio. En invernos como o pasado e debido aos sucesivos temporais, déronse casos de unha grande concentración de buques fondeados na Ría de Vigo, circunstancia que obrigou aos controladores a aconsellar o fondeo na Ría de Pontevedra”.

Ademáis, Jorquera refírese ao Centro Zonal de Coordenación de Sasemar en Fisterra. Conta cunha plantilla de 21 controladores, tres por garda. “Pero cando se producen baixas de curta duración (as de menos de 15 días) non se cubren”. Precisamente, sinala o deputado nacionalista, entre as baixas de curta duración contabilízase a asistencia a cursos formativos obrigatorios. Dada a enorme responsabilidade do Centro de Coordenación de Sasemar, xa que “se ocupa dunha ampla franxa costeira, e tamén é o responsábel do control do tráfico marítimo no DST, así como atende as emerxencias na área de responsabilidade SAR asignada, é importante que se garantan sempre tres controladores como mínimo para cada garda”.