07 mayo 2009

Traballo e Benestar tendrá que decirle al Valedor do Pobo si pasa de los sin techo que mueren en Vigo...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Traballo e Benestar está analizando todas as peticións de información que teñen chegado a este departamento procedentes do Valedor do Pobo, Benigno López, entre as que se inclúe a do albergue proxectado no edificio Gota de Leche, situado no centro de Vigo.

Nestes momentos, as áreas de Benestar están elaborando distintos informes das iniciativas proxectadas neste departamento co obxectivo de ter un diagnóstico das situacións dos programas existentes e a súa adaptación ás necesidades reais. Neste sentido estudiaranse con especial atención os programas de inclusión social, nos que se actuará coa maior dilixencia que sexa posible.

As necesidades no eido social son moitas e importantes, motivo polo que o departamento dirixido por Beatriz Mato considera imprescindible ter nun prazo breve un informe o máis real, concreto e preciso sobre o desenvolvemento dos proxectos de inclusión social, execución e necesidades antes de precipitarse na toma de decisións.

De todo isto darase conta ao Valedor do Pobo nunha entrevista que será fixada nos próximos días e que foi solicitada hoxe pola titular de Benestar, encontro ao que acudirá tamén a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella e no que se tratará ademais do plan de inclusión social o desenvolvemento da Lei de Dependencia en Galicia.