07 mayo 2009

Xunta : el superdelegado en Ourense dice estar limpio de polvo y paja y desea que los tribunales lo dejen claro

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, amosouse hoxe completamente tranquilo ante a reapertura dunha investigación sobre a xestión duns fondos comunitarios e, de feito, agardou que o proceso se peche canto antes para demostrar que non se cometeu ningunha irregularidade.

O pasado mes de xaneiro a Audiencia Provincial reabriu un proceso xudicial derivado dunha denuncia presentada polo BNG contra el cando era alcalde de Arnoia, porque entendían que certificou subvencións para construír instalacións xa existentes. Fronte a iso, Martínez deixou claro hoxe que as obras si se realizaron e explicou que “existe un informe pericial que demostra que non existen irregularidades”.

O delegado en Ourense lamentou este tipo de demandas de tipo político “que intentan desprestixiar” e agardou que o proceso xudicial se resolva canto antes para deixar probada a súa inocencia. Ademais, recordou que a denuncia xa fora sobreseída polo no Xulgado de Ribadavia sen que o fiscal reclamase seguir co proceso.

Finalmente, indicou que as subvencións europeas recibidas pola sociedade da que era socio, na súa condición de rexedor de Arnoia, foron xestionadas por un técnico e que, do mesmo xeito, as obras que se executaron foron revisadas por persoal da Xunta de Galicia.