24 mayo 2009

Tras los ataques de Mucha, Medio Ambiente le recuerda lo que vale un peine...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-En relación coas declaracións sobre Sogama realizadas hoxe pola secretaria de Medio Ambiente do PSOE, Carmen Gallego, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aclara os seguintes puntos:

A auditoría a Sogama foi contratada polo procedemento negociado a unha consultora de recoñecida solvencia. O procedemento de contratación realizouse por razón de urxencia, co obxectivo de contar canto antes cunha diagnose independente que permita tomar decisións sobre a situación da planta. Trátase dun contrato de menor contía.

A anterior presidencia de Sogama realizou unha auditoría interna que pon de manifesto gravísimas irregularidades na xestión. O informe foi ocultado no traspaso de poderes ao actual conselleiro, Agustín Hernández, que non foi informado do mesmo ata un mes despois de tomar posesión. Dita situación xustifica aínda mais a necesidade de dispoñer dunha diagnose urxente e independente.

A empresa que está a realizar a auditoría actualmente en marcha é unha consultora de prestixio internacional, como demostra o feito de que o propio goberno bipartito da Xunta de Galicia lle encargou máis de 60 traballos, por un importe cercano aos 12 millóns de euros, dos cales 15 foron adxudicados mediante procedemento negociado, é dicir, sen publicidade.

Algúns destes contratos foron:
• Asistencia á dirección de construción e explotación de depuradoras (Consellería de Medio Ambiente)
• Axendas 21 e núcleos de sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente)
• Programa para a redución da contaminación na ría de Vigo (Consellería de Medio Ambiente)
• Centro Verde de residuos industriais de Monforte (Consellería de Medio Ambiente)
• Plan Director de Heliportos e Aeródromos de Galicia (Política Territorial)
• Mapa de Ruídos de Galicia (Política Territorial)

A Consellería considera irresponsable e moi grave que o PSOE poña en dúbida publicamente a independencia dunha consultora á que contratou en múltiples ocasións, coa única intención poñer en cuestión a credibilidade da auditoría que Idom está a facer sobre Sogama.