05 mayo 2009

Louzán pide al nuevo mandamás del piragüismo español que no se olvide de lo que somos en ese deporte


- PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo a primeira toma de contacto co novo presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Juan José Román.
- Louzán manifestou que o piragüismo que é un dos deportes máis destacados na provincia de Pontevedra e “queremos que ambas institucións teñan a mellor coordinación posible”. Neste senso, comentou que a pesar de que “nesta primeira entrevista non se adoptou ningunha decisión concreta si se abordaron todos os temas que vinculan a ambas institucións”.

Un dos asuntos que van a abordar a Deputación e a Federación de Piragüismo será a renovación do patrocinio de David Cal como imaxe de Turismo Rías Baixas. Sobre este respecto Louzán manifestou que David Cal é o mellor deportista olímpico e por isto espera seguir mantendo esta relación coa Federación”.
Pola súa banda, Juan José Román manifestou que “dende a Federación non vamos a ter ningún inconveniente en colaborar en vista dos antecedentes de David Cal que ten sido o noso máximo expoñente deportivo nos últimos anos”.
Con respecto ás restantes actividades que se prevén desenvolver na provincia, como é o caso da Regata Príncipe de Asturias, Román puntualizou que o calendario aprobado pola Federación.
Juan José Román Mangas foi campión do Mundo de Piragüismo en Augas Tranquilas en 1991. Román Mangas conta no seu currículo deportivo con tres medallas en Campionatos do Mundo e cun diploma olímpico (4º en K-2 500) nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, entre outros méritos deportivos.